Abro a #fiestravirtual do meu obradoiro para pintar con tod@s vos o VII Debuxo Colaborativo que comezamos o domingo día 4.
Os Debuxos Colaborativos, son obras creadas en directo coas persoas que seguides a súa retransmisión a través da miña canle de Twitch. Comezan cun papel en branco que se vai enchendo coas vosas peticións no chat da plataforma, creando esceas imprevisibles e sorprendentes. Unha vez rematado o debuxo dámoslle cor tamén en directo, de maneira que podedes seguir todo o proceso de creación dende o inicio ao final.
Podedes seguir o directo e ver o vídeo do domingo pasado entrando en:
(Para velo non é preciso descargar a aplicación e facer usuari@, sólo é necesario para comentar no chat, recibir notificacións, seguir a conta ou subscribirse)
+Info en www.iriaribadomar.com