A olería galega na colección do Museo Os Oleiros
Cerámica

Trátase dunha visita guiada diferente centrada na colección de olería galega do Museo Os Oleiros. Os participantes poderán realizar un percorrido duns 40 minutos pola historia da olería galega descubrindo as pezas máis características e observando a gran variedade de formas e usos que tiña a cerámica de Galicia.

Duración: 40 minutos aprox.

Datas: do 6 ao 10 de abril

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Participantes: Todos os públicos (máximo grupos de 4 non convivintes).

Reserva: No teléfono: 981 626 692 ou no correo electrónico: museos@oleiros.org

Fotos