Xornadas de portas abertas no estudio-obradoiro de cerámica Alén das olas
Cerámica

Do 1 ao 7 de abril, coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía, o estudio-obradoiro de cerámica Alén das olas establece horarios de portas abertas a concertar con aquelas persoas interesadas en tomar contacto coas técnicas cerámicas e coñecer de primeira man os procesos de creación cerámica. Asi mesmo o sábado día 6 de abril e o longo de todo o día estará en funcionamento un obradoiro de decoración de olas realizadas na roda.