IV FORNADA TRADICONAL E FIADEIRO DE NIÑODAGUIA
Cerámica

Se queredes vivir un día diferente, compartindo crenzas, valores, costumes e un ritual que se foi transmitindo xeración tras xeración, non vos podedes perder a IV FORNADA TRADICIONAL E FIADEIRO DE NIÑODAGUIA

Veremos acendidos de novo os antigos fornos de pedra, aqueles que non só coceron miles de "cacharros" nunha época que traballar o barro era unha forma de vida, senón que hoxe están aí como recordatorio de quen somos e servindonos de conexión co noso pasado.

Se queres ter unha experiencia máxica e durante un día enteiro voltar a comezos do século XX, esperámoste en Niñodaguia, o pobo de barro....

Fotos