Xornadas de portas abertas
Cerámica

 

Do 6 ao 11 de abril, coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía, o estudio-obradoiro de cerámica Alén Das Olas de Marín establece horarios de portas abertas a concertar con aquelas persoas interesadas en tomar contacto coas técnicas cerámicas e coñecer de primeira man os procesos de creación cerámica. Así mesmo o sábado día 10 de abril e o longo de todo o día estará en funcionamento un obradoiro de decoración de olas realizadas na roda. Para mais información e/ou inscripción no teléfono 606994447 ou ben a través do correo electrónico: alendasolas@gmail.com