Cerámica castrexa
Cerámica

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, a Fundación Terra Termarum Castrolandín, participamos amosando no noso taller o proceso de elaboración das reproducións de cerámica castrexa, con demostración e explicación das técnicas empregadas, achegando esta ao público en xeral. 

Como complemento impartiremos tres obradoiros prácticos de cerámica castrexa para todos os públicos, que terán lugar no Centro de Interpretación do castro de Castrolandín, sito na Praza das Árbores, 14, Cuntis (Pontevedra).

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta ao público.

Para os obradoiros solicítase inscrición previa no enderezo electrónico ceramica@castrolandin.es ou no teléfono 986 53 26 68.

HORARIO

Horario demostración: de martes a venres, dende 11:00 ate 13:00 horas.

Horario obradoiros para todos os públicos:

Xoves, 4 de abril de 16:30 a 18:30 horas.

Sábado, 6 de abril de 11:00 a 13:00 horas, 16:30 a 19:30 horas.

O obxectivo dos obradoiros de cerámica castrexa é dar a coñecer a cultura material a partir das técnicas empregadas para a elaboración de réplicas cerámicas de finais da Idade do Ferro.

Fotos