Obradoiro de técnica básica de cestería
Fibras vegetales

Obradoiro de técnica básica de cestería con ratán – Juana Veiga (Capixuta)

No marco dos Días Europeos da Artesanía, convidámoste a descubrir a arte da cestería tradicional neste obradoiro de iniciación impartido por Juana Veiga, artesá da marca Capixuta, con obradoiro en A Estrada.

Especializada no traballo con ratán, Juana compartirá os fundamentos desta técnica artesanal, ensinando ás persoas participantes a coñecer o material, preparalo e aplicar as técnicas básicas de tecido. Durante o obradoiro, cada asistente poderá experimentar o proceso creativo desde cero e elaborar unha peza sinxela, comprendendo o valor do traballo manual, da tradición e do deseño contemporáneo aplicado á artesanía.

Unha oportunidade única para achegarse a un oficio tradicional, conectar cos materiais naturais e descubrir o saber facer dunha artesá que combina respecto pola tradición e sensibilidade actual.

Actividade dirixida a persoas sen experiencia previa.
Prazas limitadas.

Fotos