Obradoiro de Hapa Zome
Textil

Obradoiro de Hapa Zome no que nos achegaremos a esta fermosa técnica xaponesa de estampaxe botánica sobre tea.

Durante 2 horas aprenderemos a transferir os pigmentos naturais de flores e follas directamente ao tecido mediante o golpeado artesanal, explorando as posibilidades creativas das plantas e creando composicións únicas, orgánicas e cheas de cor.

Despois, transformaremos a nosa tea estampada nun coletero tipo scrunchie, aprendendo a coselo paso a paso dun xeito sinxelo.

A actividade está impartida por Lora, artesá e creadora das marcas Boro e Salsa Gaucha, que traballa desde o seu taller en Ourense con procesos manuais, sostibles e respectuosos cos materiais.

Unha experiencia para conectar coa natureza, coa artesanía e co facer pausado, na que ademais levarás para a casa unha peza feita por ti, totalmente personalizada.

Prazas limitadas.

Fotos