Obradoiro de boneco danzante
Multisectorial

Mircromina Teatro — Obradoiro de construción dun bavastel. Para este encontro, proponse un obradoiro no que imos ir traballando un pouco nos bavastels, un tipo de títeres danzantes que empregamos nas nosas actuacións. Xa existen escritos onde se fala deles desde a Idade Media. Son de orixe italiano, pero rapidamente se espallaron por toda Europa. A partir do ano 1116 é cando atopamos os primeiros documentos onde se menciona a súa presenza na Península Ibérica, chegados desde Francia por medio dos xograres. Este tipo de bavastel tamén é coñecido como de culler e, posteriormente, como títeres de perna, marionetas à la planchette e marionetas de tableta, entre outros nomes. Neste caso, o boneco danzaba sobre unha táboa vibrante ao ritmo de músicas populares.